ALCALDÍA

Recoñecemento ao ciclismo compostelán

23/09/2006 Xusto antes de que se celebre o Día da Bicicleta, o domingo 24, pasaron por Raxoi algúns dos principais promotores deste deporte na cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu ao recente gañador da Volta a Portugal, o santiagués David Blanco; ao campión de España cadete de fondo en estrada, Pedro Macía; e aos integrantes do Club Ciclista Mobles Compostela.

Os dous primeiros participaran antes nunha charla, celebrada no Centro Comercial Compostela, sobre o "Presente e futuro do ciclismo", que tamén formaba parte dos actos do Día da Bicicleta. Alí déronse cita o presente, de man dun ciclista como David Blanco con seis anos de profesional, e o futuro, cun Pedro Macía que aínda está a dar os primeiros pasos da súa carreira. Este novo campión milita no Muebles Compostela, un club que segue a ser referencia na formación de ciclistas en Galicia.

Compartir: