DEPORTES

Recibimento en Lavacolla a Verónica Boquete tras o título da Liga de Campións feminina

17/05/2015 A concelleira de Deportes, María Corral, acudiu ao aeroporto de Lavacolla a recibir á futbolista compostelá Verónica Boquete, tras lograr co seu equipo, o FCC Frankfurt, a Liga de Campións feminina. A deportista permanecerá uns días na súa cidade natal antes de afrontar outro importante reto, o Mundial, ao que acudirá coa Selección Española.

Verónica Boquete é a primeira española en conquistar unha Liga de Campións feminina e unha grande embaixadora da cidade. Nominada tamén esta temporada ao Balón de Ouro, supera a trintena de internacionalidades e agora afrontará a primeira cita mundialista da Selección Española.

O Concello súmase ás felicitacións a esta exemplar deportista, coa que ademais vén colaborando nos últimos anos na organización do Campus de Fútbol Vero Boquete.

Compartir: