SERVIZOS SOCIAIS

Entrega de diplomas aos participantes nos obradoiros do programa socioeducativo

13/05/2015 A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu esta mañá á entrega de diplomas dos obradoiros de 2014 para familias incluídos no Programa Socioeducativo, promovido pola Concellería de Servizos Sociais. O acto realizouse na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños.

Estas actividades enmárcanse dentro do Programa Municipal de Intervención Socioeducativa, un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade. A súa finalidade non é outra que a de promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran, perseguindo a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da comunidade.

Dende este programa considerouse necesario desenvolver formas metodolóxicas de aplicación de modelos e pautas educativas complementarias co traballo individualizado, para o cal se programaron diferentes actividades que mediante unha metodoloxía de traballo individual e de grupo, de carácter participativa, permitise a cada persoa usuaria ser axente do seu propio cambio.

Deste xeito, puxéronse en marcha diversos obradoiros ao longo de 2014, coma o de Mellora nas relacións familiares, o de Vivenda, o de Prevención do absentismo escolar, o denominado "Katorce-18" ou o Taller-programa socioeducativo/sanitario.

Todos foron implementados en colaboración, totalmente altruísta, con profesionais dos ámbitos sanitario, educativo e social, adaptándose ás necesidades específicas das persoas usuarias.

Compartir: