FESTAS

La Pegatina e a orquestra Combo Dominicano, protagonistas da primeira velada das Festas da Ascensión 2015

12/05/2015 Mañá mércores arrancan as Festas da Ascensión 2015 cunha ampla programación de actividades dirixidas a tódolos públicos ata o domingo 17.

Ás 12:00 horas terá lugar o tradicional disparo de bombas que marca o inicio das festas por excelencia de Compostela. A continuación, a partir das 12:30 horas, unha comparsa de cabezudos percorrerá as rúas da cidade.

A actividade retómase pola tarde, ás 20:00 horas, coa celebración da II Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia, que terá lugar no Teatro Principal. O custo da entrada é de 5 euros.

O punto forte deste primeiro día de celebración corre por conta do grupo La Pegatina, que a partir das 22:00 horas presenta o seu traballo Revulsiu na praza da Quintana. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Ademais, a festa continúa na Alameda onde, a partir das 23:00 horas, a popular orquestra El Combo Dominicano ofrecerá ao público un espectáculo musical.

Os máis pequenos poderán pasar unha boa tarde coas diferentes atraccións situadas na Alameda.

Compartir: