DEPORTES
A carreira, de dez quilómetros, consistiu en dúas voltas a un percorrido que discorreu por rúas como Fonseca, a Alameda, Virxe da Cerca ou Praterías, tocando rúas da zona nova como Xoán Carlos I, Rosalía de Castro ou Montero Ríos, para volver á zona vella ata a meta da praza do Obradoiro. Era un circuíto practicamente chan, sen grandes dificultades.
SantYaGo10K tivo tamén unha vocación solidaria, para amosar así o espírito social e colaborativo dos afeccionados ao running. Todos os participantes na carreira puideron entregar alimentos non perecedoiros no momento de recoller o seu dorsal. Os alimentos recollidos doaranse ao Albergue Xoán XXIII, proxecto social da Orde dos Franciscanos en Santiago.
Dous mil corredores percorreron as principais rúas da cidade na exitosa primeira edición da carreira nocturna SantYaGo10K
09/05/2015 A primeira edición carreira nocturna SantYaGo10K foi todo un éxito, con máis de 2.000 corredores percorrendo as principais rúas do Casco Histórico e do centro da cidade, para rematar na praza do Obradoiros. Entre os participantes non faltou o alcalde, Agustín Hernández, un habitual das probas atléticas da cidade.
Lolo Penas foi o gañador da proba, seguido de David Santos e Christian Díaz. Na categoría feminina, a primeira en chegar á meta foi Ana Domínguez, mentres que Alba Baamonde e Nuria Pérez chegaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.A carreira, de dez quilómetros, consistiu en dúas voltas a un percorrido que discorreu por rúas como Fonseca, a Alameda, Virxe da Cerca ou Praterías, tocando rúas da zona nova como Xoán Carlos I, Rosalía de Castro ou Montero Ríos, para volver á zona vella ata a meta da praza do Obradoiro. Era un circuíto practicamente chan, sen grandes dificultades.