ALCALDÍA

Agustín Hernández asistiu en Pontepedriña á celebración do cuarto aniversario da residencia de maiores Geriatros

08/05/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiron ao acto con motivo do cuarto aniversario da residencia de maiores Geriatros, en Pontepedriña.

Este centro, construído en terreos municipais grazas á Fundación José Otero e Carmela Martínez (presentes no acto), ten capacidade para 150 prazas e unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados.

Compartir: