ALCALDÍA

Entrega de trofeos do XIV Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII

08/05/2015 A praza do Obradoiro acolleu o acto de entrega de trofeos da 14ª edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na cerimonia.

Nesta edición do concurso participaron 14 unidades militares de España e unha de Estados Unidos, que percorreron os 120 quilómetros do Camiño de Santiago entre Tui e Santiago. Estiveron representados o Rexemento de Artillería de Campaña 11,o Rexemento de Intelixencia 1, a Comandancia Xeral de Baleares, a Brigada Mecanizada X Guzmán el Bueno, a Brigada da Lexión, a Brigada Canarias, a Bril V San Marcial, o Rexemento de Cabalería Lusitania, o Rexemento de Artillería Lanzacohetes de Campaña 62, a Brigada Mecanizada Estremadura XI, a Brigada de Infantería Acorazada Guadarrama XII, o Terzo de Armada, o Terzo Norte de Infantería de Marina e a US Army. Ademais, sumáronse dez patrullas da Brilat con soldados das súas bases de Pontevedra, Asturias e Valladolid.

Compartir: