CULTURA

Sons do Brasil no Principal con Lilian França e Sergio Tannus

21/09/2006 Logo dun encontro en Niterói (Río de Janeiro) en abril deste ano, o grupo galego Narf e o dúo formado por Lilian França e Sergio Tannus comezaron a traballar nesta posible colaboración que agora se fai realidade. As citas son o sábado 23 e o domingo 24 no Teatro Principal a partir das 21:00 horas, cun prezo de entrada de cinco euros.

A cantante e violonista Lilian França e o multi-instrumentista Sérgio Tannus dialogan musicalmente en arranxos especialmente compostos para o dúo. A diversidade do seu son vai dende a bossa-nova á samba, dende o baião ao chorinho, dende o breque á balada, todo pasando pola world music. No camiño, cancións de autores consagrados da música brasileira, como Tom Jobim, Chico Buarque, Pixinguinha, Alceu Valença, Cartola, Djavan, Gilberto Gil e cancións inéditas de compositores de Niterói (característica do traballo do dúo).

Xa se presentaron en diversos escenarios en Rio de Janeiro e São Paulo e en distintos eventos promovidos polos concellos das cidades de Niterói, Rio de Janeiro e Belo Horizonte, ademais de participar en varios festivais por todo Brasil.

No ano 2005, Li¬lian França e o multi-instrumentista Sergio Tannus realizaron unha xira por algunhas cidades de Europa como Barcelona, Toulouse, París, Munich ou Berlin. Agora, chegan a Compostela para encher o Teatro Principal de sons do Brasil.

Compartir: