ALCALDÍA

Benvida do alcalde aos participantes no XXXVI Congreso da Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía

06/05/2015 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os participantes no XXXVI Congreso da Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía, que se celebra no Palacio de Congresos entre o 7 e o 9 de maio.

O programa deste Congreso pecharase o sábado cunha marcha cardiosaudable dende o Monte do Gozo ata a Catedral, baixo o título "O Camiño con corazón".

Compartir: