EDUCACIÓN

Aberto o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música para o novo alumnado

04/05/2015 Este luns 4 de maio abriuse o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música para o novo alumnado, unha vez que rematado o prazo de renovación para o xa existente. Con tal motivo publicouse o listado prazas vacantes para o curso 2015-2016. O prazo de preinscrición remata o 22 de maio.

A relación de prazas ofertadas para novo alumnado inclúe as prazas vacantes en cada especialidade instrumental segundo o plan educativo ao que corresponden: Plan Educativo Xeral (PEX), Plan Educativo para Adultos (PEPA), Seminario de Música Tradicional e Danza.

Do 4 ao 22 de maio estará aberto o prazo de preinscrición. No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o 27 de maio. As listas provisionais de admitidos publicaranse a partir do 28 de maio e, logo do período de reclamacións de 10 días naturais, farase pública a lista definitiva de admitidos o 8 de xuño.

O período de matrícula irá do 9 ao 22 de xuño. No caso de quedar aínda vacantes abrirase unha segunda convocatoria en xullo.

Compartir: