CURTOCIRCUÍTO

A penúltima proxección na rúa de CurtoCircuíto traerá á Praza de Abastos o mellor da videocreación internacional

20/09/2006 A que xa é a penúltima proxección de CurtoCircuíto na Rúa terá lugar nun xoves máis na Praza de Abastos. Alí, a partir das 23:00 horas, poderán verse as mellores curtas de videocreación, enviadas a CurtoCircuíto dende todas as partes do mundo.

A exhibición estará precedida da música de Malandrómena e A pandilla alucinante, un grupo de xente que traerá unha sesión musical intercalada con aparicións estelares dos amigos da web www.temazo.org. A sesión comezará ás 22:00 horas.

Compartir: