EDUCACIÓN

A banda da Escola Municipal de Música de Santiago participa no III Festival de Bandas Xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla

25/04/2015 A banda da Escola Municipal de Música de Santiago participa no III Festival de Bandas Xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla, que se celebra este domingo, día 26 de abril, a partir das 17:00 horas, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla.

Baixo a dirección de Óscar Fernández, a banda interpretará os temas The Tempest (R. W. Smith), La vida es bella (N. Piovani), From the New World Symphony (A. Dvorák, arranxo de John O´Reilly e Air For Winds (A. Waignein).

Tamén participan neste festival a Banda Infantil da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, a Banda Xuvenil de Merza e a Banda Xuvenil da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla.

Este tipo de actuacións son unha ocasión importante para que os integrantes das diferentes agrupacións da Escola Municipal de Música se relacionen con outros colectivos musicais e teñan a oportunidade de dar a coñecer os seus progresos.

O certame está aberto ao público en xeral, con prazas limitadas ata completar o aforo.

Compartir: