INNOVACIÓN

Unha nova aplicación permitirá ao Concello recoller a opinión dos veciños sobre cuestións relevantes para a cidade

22/04/2015 O responsable de Innovación do Concello, Fernando Suárez, presentou en rolda de prensa ParticipAPP, unha nova aplicación de participación cidadá, incluída na iniciativa Smart iAGO grazas á cal o Concello poderá coñecer de primeira man a opinión dos veciños e veciñas sobre temas relevantes para a cidade. Así, a aplicación arrancará recollendo as suxestións cidadáns sobre a xestión de residuos, cara a telas en conta na elaboración do novo prego deste servizo.

A aplicación estará dispoñible nunha versión web e tamén como aplicación móbil para smartphones e tabletas iOS e Android. Os usuarios deberán rexistrarse na plataforma para poder participar na mesma.

Crearase así un espazo virtual de participación cidadá onde interactuar, comentar propostas de mellora para a cidade, informar dos avances do plan Smart iAGO, etc. Será un sitio web de utilización sinxela que potenciará a xeración de ideas e permitirá compartir exemplos de boas prácticas por parte da cidadanía.

Compartir: