SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local detén un home por roubar cable de cobre no Polígono do Tambre

15/04/2015 A Policía Local de Santiago detivo na tarde de onte un home de nacionalidade portuguesa por roubar cable de cobre nunha empresa do Polígono do Tambre.

As forzas de seguridade foron alertadas polos traballadores da empresa, que estaba pechada ao público no momento do incidente. Os empregados atopábanse realizando un curso cando observaron que un home estaba a introducir cable nun turismo e deron aviso á policía.

Cando os axentes chegaron ao lugar dos feitos comprobaron que no interior do vehículo do sospeitoso había diversas mangueiras de cobre por un valor de 482 euros, e procederon á detención do home, que foi trasladado a dependencias policiais.

Compartir: