DEPORTES

A MediaSan do Camiño consolídase como unha referencia no calendario atlético galego

12/04/2015 A praza do Obradoiro foi o punto de chegada do II Medio Maratón MediaSan do Camiño, cuxo percorrido, con saída en Arca (O Pino), transcorreu polo último tramo do Camiño de Santiago. O alcalde, Agustín Hernández, non faltou a esta cita atlética e, logo de participar na carreira, presidiu a cerimonia de entrega de premios. A carreira contou con 504 corredores.

Os gañadores absolutos da proba foron Pedro Nimo e David Santos, que entraron xuntos na meta cun tempo de 1 h 13 m 23 s. Na categoría feminina, a primeira clasificada foi Raquel Suárez Pedrosa, cun tempo de 1 h 31 m 13 s.

A carreira contou con diferentes categorías, dende júnior ata veteranos maiores de 65 anos. A proba premiou os seis primeiros clasificados, nas categorías xerais absolutas e por categorías masculina e feminina, con galardóns que ían dende os 50 ata os 300 euros en caso de resultar gañador/a do maratón. Ademais, os tres primeiros postos de clubs federados recibiron un premio de 300, 200 e 100 euros respectivamente. Levaron trofeos os tres primeiros clasificados/as de cada unha das categorías.

Compartir: