DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Comeza a 2ª fase das obras de Basquiños

11/04/2015 O luns 13 de abril arranca a segunda fase das obras de Basquiños. Por este motivo péchase ao tráfico a rúa Basquiños dende o cruce con Espírito Santo e ábrese o tramo dende a travesa dos Basquiños ata a praza da Paz. As obras de urbanización do tramo entre Santa Clara e Basquiños teñen un importe de 340.310 euros e un prazo de cinco meses e completan as xa rematadas do tramo entre Basquiños e Pastoriza.

A intervención seguirá a liña marcada en Basquiños, con redución do largo da calzada, recuperando para os veciños este espazo público, cun novo equilibrio entre o coche e o peón. Ampliaranse as beirarrúas e eliminaranse desniveis, e melloraranse as redes de instalacións urbanas.

Estas obras completaranse con otros dous proxectos xa aprobados para o ámbito de Santa Clara -entre o inicio da rúa dos Basquiños e o cruce da rúa de San Roque coa travesa de Santa Clara- e para o tramo entre Pastoriza e a praza da Paz, en San Caetano.

En conxunto, no itinerario completo entre San Roque e a praza da Paz vanse investir finalmente máis de 1,5 millóns de euros, que van permitir dispoñer dun contorno humanizado, cómodo e seguro, onde o tránsito peonil se verán notablemente mellorado.

Compartir: