XUNTA DE GOBERNO

Doce espectáculos do programa "Ler conta moito" nos centros socioculturais de Conxo, Vite, Santa Marta e Fontiñas

10/04/2015 Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deuse conta das actividades concedidas pola Secretaría Xeral de Cultura dentro do programa Ler conta moito, orientado á dinamización da lectura para as bibliotecas integradas na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia.

Este programa vincúlase na cidade á Biblioteca "José Saramago" do Centro Sociocultural de Vite e ás salas da biblioteca dos centros socioculturais das Fontiñas, Conxo e Santa Marta.

Durante o ano actual vanse celebrar 12 espectáculos de animación, 3 en cada un dos centros citados. O orzamento para estes espectáculos é de 3.866 euros, dos que un 75% será asumido polo departamento autonómico e o resto polo Concello.

A relación de espectáculos centros socioculturais, compañías e espectáculos é a seguinte:

CSC de Conxo:
- Brinca Vai!: De aquí e acolá.
- Sole Felloza: Pura palabra.
- Os tres tenedores: Petiscos musicais.

CSC de Vite:
- David Gundín Garcés: A voltas con Shakespeare.
- Polo correo do vento: O misterio do pirata Benito Soto.
- Crearte servizos culturais: Animalario fantástico.

CSC de Santa Marta:
- Brinca Vai!: De aquí e acolá.
- Carlos Coira: Abrapalabra!. Maxia e poesía.
- David Gundín Garcés: A voltas con Shakespeare.

CSC das Fontiñas:
- Carlos Coira: Abrapalabra!. Maxia e poesía.
- Musicreques: As aventuras de Quebranoces.
- Fran Alonso: Poetízate.

Subvencións a entidades sociais
Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de cinco subvencións a entidades sociais da cidade, por un importe total de 22.915 euros:

- Real Sociedade Económica Amigos do País, 5.400 euros, para a realización dun ciclo de conferencias e a edición da memoria anual da entidade.

- Asociación Cultural Rocha Forte, 2.000 euros, para a reedición do libro de poesía O Castelo da Rocha.

- Asociación Folclórica Colexiata de Sar, 3.500 euros, para a realización dunha xornada de portas abertas na súa Escola de Danza e Música Tradicional e a celebración do 35 aniversario da asociación.

- Asociación Cultural Cidade Vella, 8.190 euros, para a realización do Festival Feito á man, que como en anos anteriores terá lugar na cidade vella do 3 ao 27 de agosto de 2015.

- Federación de Libreiros de Galicia, 3.825 euros, para a celebración da Feira do Libro novo de Santiago, que celebra a súa 34 edición, e a Feira do Libro antigo, que terán lugar na Alameda entre os días 1 e 10 de maio de 2015 e do 16 ao 31 de maio de 2015, respectivamente.

Documentos relacionados



Compartir: