CONSORCIO
A continuación, a orquestra interpretará seis lieder de Marienleben, do compositor alemán Paul Hindemith (1895-1963), considerado un dos máis influíntes da primeira metade do século XX. A obra narra en quince poemas a vida da Virxe María.
Nesta obra, os músicos acompañarán á voz da mezzosoprano irlandesa Paula Murrihy. Estudou no Conservatorio de Dublín e continuou a súa formación vocal no Conservatorio de Nova Inglaterra. Os seu repertorio operístico inclúe Dido e Eneas, Orfeo, A frauta máxica, Hansel e Gretel, Golondrina ou Carmen, entre outras moitas obras. Tocou na Ópera Lírica de Boston, Ópera de San Francisco, Ópera de Los Ángeles, Royal Opera House Covent Garden, Teatro do Capitole en Toulouse, English National Opera… e forma parte do ensemble da Ópera de Frankfurt.
Os concertos rematarán coa Sinfonía nº 1 do compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847), que a compuxo cando só tiña quince anos. Entre os doce e os catorce anos xa escribira doce sinfonías para orquestra de cordas, destinadas en particular aos concertos que se celebraban todos os domingos na casa familiar.
Charla previa co director
Antes da celebración do concerto do xoves en Santiago, o director Sergio Alapont manterá unha charla previa cos asistentes á cita musical. Será ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia CONvers@ndo con, que promove a RFG antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.
O xoven mestre gañou o II Concurso de Directores Orquesta Ciudad de Granada en 2005, é director artístico do Festival Lírico Ópera Benicàssim e director principal da Orquestra Manuel de Falla. Estudou dirección en Nova York e Italia. Dirixiu orquestras en países como Italia, Noruega, Escocia, Dinamarca, Francia, Bulgaria, Alemaña, Portugal… e case todas as españolas. Colaborou con solistas de recoñecido prestixio, entre eles Plácido Domingo ou Teresa Berganza. Foi director asistente en teatros como a Ópera de San Francisco, Capitol de Toulouse, MET de Nova York ou a Ópera Estatal de Viena.
A mezzosoprano irlandesa Paula Murrihy canta esta semana coa Real Filharmonía
07/04/2015 A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 9, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. E o venres 10 desprazarase á cidade de Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. En ámbalas citas, nas que se achegará un programa singular con tres obras infrecuentes, levará a batuta o xove mestre valenciano Sergio Alapont.
As dúas actuacións comezarán coa Sinfonía breve do compositor madrileño de ascendencia galega Julián Bautista (1901-1961), autoexiliado en Arxentina nos anos corenta do pasado século. Foi repetidamente galardoado como autor de mútiples bandas sonoras para o cine.A continuación, a orquestra interpretará seis lieder de Marienleben, do compositor alemán Paul Hindemith (1895-1963), considerado un dos máis influíntes da primeira metade do século XX. A obra narra en quince poemas a vida da Virxe María.