CENSO ELECTORAL

Expostas entre o 6 e o 13 de abril as listas do censo con motivo das eleccións municipais

06/04/2015 As listas do censo estarán expostas ao público do 6 ao 13 de abril por mor das vindeiras eleccións municipais. Os/as cidadáns/as deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

O horario de atención ao público para consultas ou para presentar posible reclamación administrativa sobre os seus datos censuais é de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres, na Oficina do Padrón Municipal, situada nos baixos de Concello (praza do Obradoiro nº 1). Poden chamar ao teléfono do Concello de Santiago 981 542 318. Para calquera consulta está a disposición o número 901 101 900.

Compartir: