DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Iniciadas as obras do interceptor xeral do río Sar entre Pontepedriña e a EDAR da Silvouta

29/03/2015 O pasado luns 23 de marzo deron comezo as obras de construción do interceptor xeral do río Sar no tramo que vai dende Pontepedriña ata a EDAR da Silvouta.

Estas actuacións, que se enmarcan dentro do proxecto de mellora do saneamento do río Sar, consistirán na execución dun microtúnel construído mediante a técnica Hinca ente o PR 26 e o PR 28.

Para garantir o bo progreso dos traballos que se van realizar, estes terán lugar en horario nocturno. Coa finalidade de minimizar as molestias acústicas aos veciños, tomáronse unha serie de medidas para reducir os niveis sonoros, tales coma a colocación dunha serie de barreiras que permitan crear unha pantalla entre a zona de ubicación dos equipos e as edificacións máis próximas, ademais de escollerse a maquinaria que emite un menor nivel sonoro.

Está previsto que estas actuacións rematen nun prazo de entre dúas e tres semanas.

O tramo comprendido entre Pontepedriña e a EDAR de Silvouta consta dun interceptor xeral e de sete incorporacións que recollen os vertidos de Conxo, Fervenza, Milladoiro, Vidán, Brandía e Laraño.

Compartir: