CULTURA

O guitarrista Marcus Bonfanti substituirá a The Reverend Peyton’s Big Damn Band no ciclo Blues Nite by 1906

23/03/2015 Por cuestión alleas ao Departamento de Cultura e por razóns técnicas, a banda The Reverend Peyton’s Big Damn Band reestruturou a súa xira europea, cancelando as datas previstas no sur de Europa. Polo tanto, non estará na nosa cidade no concerto previsto dentro do ciclo Blues Nite by 1906. Será substituído por Marcus Bonfanti que dará o seu único concerto en España. Será o mesmo día, 28 de maio, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, e con entradas ao mesmo prezo: 12 euros anticipada e 15 o día do concerto.

Marcus Bonfanti, guitarrista novo do norte de Londres, foi definido pola prensa británica como unha mestura perfecta entre Seasick Stevie e Jimmy Page. Guitarrista versátil, que domina o country, o folk e o blues, Bonfanti foi cualificado como "o próximo heroe da guitarra británica" (The Guardian).

O seu estilo predominante é o do blues poderoso cheo de riffs e o emprego do seu característico slide cun gran traballo vocal e o determinado xeito de atacar a harmónica. Os seus álbums (Hard times, What good am I am to you? e o máis recente, gravado ao vivo, Shake the walls) mereceron o apoio da crítica. Coa súa gran potencia escénica, Marcus Bonfati é un dos nomes con maiúsculas da nova escena do blues rock británico e dará moito que falar nos próximos anos.

Compartir: