ALCALDÍA

O alcalde participou en San Lázaro na Festa Gastronómica da Uña

22/03/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á celebración dos actos da festividade de San Lázaro, que se celebra no barrio compostelán do mesmo nome.

Na xornada do luns participara tamén na tradicional poxa das unllas. Precisamente, un dos actos do domingo foi a degustación deste prato.

Nesta celebración popular, a imaxe de San Lázaro procesiona dende a capela ata o campo da festa, onde se celebra unha misa cantada ao aire libre, antes de que a imaxe do santo volva á igrexa. A festa inclúe cada ano diversos oficios relixiosos en honor a San Lázaro e a tradicional romaría, na que se celebra a gran poxa de pezuños e outras pezas de porco ofrecidas ao santo.

Centenares de veciños reúnense cada ano durante eses días nos restaurantes de todo o barrio, situado no Camiño Francés, para degustar o tradicional prato da Festa da Uña, que se sirve con chourizo, patacas e bertóns de col, e gozar dunha das celebracións máis antigas da cidade.

Compartir: