ACCESIBILIDADE

En funcionamento o ascensor do Mercado de Abastos

21/03/2015 Despois das probas realizadas polos técnicos ao longo da semana, dende este sábado está plenamente operativo o novo ascensor do Mercado de Abastos.

O elevador permite conectar o Mercado de Abastos coa rúa de Virxe da Cerca, o que supón unha mellora na accesibilidade a este recinto, ao que, ata agora, os peóns só podían acceder dende a devandita rúa polas escaleiras ou pola pronunciada costa de San Félix.

Compartir: