CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xadrez e un festival de música para pechar a XXI Semana Cultural de Conxo

15/09/2006 O barrio de Conxo pecha a súa Semana Cultural o sábado 15, cun programa cheo de actividades. Destaca a celebración do IV Torneo de xadrez "Gallaecia" e dun festival de rock.

O torneo de xadrez comezará ás 16:00 horas en el tomarán parte xogadores nas categorías infantil, xuvenil e absoluta. Desenvolverase unha liga por grupos, con partidas de cinco minutos e desempates se fosen necesarios. A competición celebrarase no Centro Sociocultural de Conxo.

Xa pola noite, tempo para o rock no campo de Conxo. A partir das 20:30 horas tocarán grupos como Brétema, Akoso ou Tolemia, entre outros, nun concerto con entrada libre. Pero a música non remata ahí, xa que de 23:30 a 00:30 horas haberá unha festa na rúa da man dos Quilombeiros.

A xornada final da XXI Semana Cultural de Conxo complétase con outras actividades, como o taller didáctico de pandeireta ou a final do campionato de tenis de mesa, que terán lugar pola mañá. Pola tarde, ás 19:00 horas, encontro do club viaxeiro e actuación da Coral de Pontepedriña. E dende as 17:00 horas, fin de festa con inchables, casa de bolas e rochódromo na Praza Aurelio Aguirre.

Compartir: