EDUCACIÓN

Alumnos do IES Lamas de Abade gañan o concurso "Coñecer as cidades Patrimonio"

08/04/2005 Un grupo de alumnos de 3º de E.S.O. do Instituto Lamas de Abade foi o gañador na cuarta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades patrimonio" na que participan alumnos de centros de ensino das once cidades que forman parte do Grupo de Cidades de España Patrimonio da Humananide.

O xurado reunido ao longo desta mañá na Casa Concello de Santiago, cidade encargada nesta edición da coordenación do concurso, seleccionou os traballos presentados por cada unha das cidaees e que nesta ocasión tiñan como eixo as prazas das cidades históricas. O traballo de cada colexio aborda obrigatoriamente o ámbito doutra cidade, co propósito de fomentar o coñecemento mutuo. Así e baixo o título de "Telelaguna" os alumnos de Lamas de Abade se centraron na cidade canaria de San Cristóbal de La Laguna , cidade a que viaxarán entre o 3 e 0 5 de maio.

Unha vez realizados os respectivos intercambios dos grupos de alumnos coas cidades sobre as que presentaron os traballos, todos os grupos premiados manterán unha xuntanza en Compostela os días 20, 21 e 22 de maio para realizar a exposición dos mesmos.

Os traballos gañadores por cada unha das cidades foron:

Alcalá de Henares: Alumnos de 4º de ESO do I. E.S. Ignacio Ellacuría polo seu traballo "Las plazas segovianas: un lugar para gozar". Realizarán o intercambio con Segovia do 5 ao 7 de maio

Ávila: Alumnos de 4º de ESO do I. E.S. Pablo VI polo seu traballo "La Plaza Mayor: púlpito del poder y escenario de la sociedad civil". Realizarán o intercambio con Cáceres o 21 e 22 de abril.

Cáceres: Alumnos de 2º de ESO do I: E.S. Javier Garcia Téllez polo seu traballo "Ávilapoly". Realizarán o intercambio con Ávila o 9 e 10 de maio.

Cuenca: Alumnos de 2ºe 3º de ESO do I. E.S. San José polo seu traballo "San Cristóbal de La Laguna". Realizarán o intercambio con La Laguna do 3 ao 5 de maio.

Eivissa: Alumnos de 4º de ESO do Colexio Nuestra Señora de la Consolación polo seu traballo "Salamanca y sus plazas". Realizarán o intercambio con Salamanca os días 18 e 19 de maio.

Salamanca: Alumnos de 3º de ESO do I.E.S. Franscisco Salina polo seu traballo "Plaza de la Vila, Ibiza". Realizarán o intercambio con Ibiza do 5 ao 7 de maio.

Santiago de Compostela: Alumnos de 3º de ESO do I.E.S. Lamas de Abade polo seu traballo "Telelaguna". Realizarán o intercambio con La Laguna do 3 ao 5 de maio.

Segovia: Alumnos de 3º de secundario do I.E.S. Mariano Quintanilla polo seu traballo "Alcalá de Henares: la ciudad que percibimos". Realizarán o intercambio con Segovia o 24 e 25 de abril.

Toledo: Alumnos de 4º de E.S.O. do I.E.S. Universidad Laboral polo seu traballo "Un paseo por las plazas de Córdoba". Realizarán o intercambio con Córdoba o 2 e 3 de maio.

La Laguna: Alumnos de 2º de E.S.O. do I.E.S. La Laguna polo seu traballo "Las Plazas de Cuenca". Realizarán o intercambio con Cuenca os días 18 e 19 de maio.

Córdoba: Alumnos de 3º de E.S.O. do I.E.S. Nova Condesa polo seu traballo "Las plazas de las Ciudades Patrimonio: Génesis y usos actuais. Toledo y Córdoba". ealizarán o intercambio con Toledo os días 18 e 19 de maio.

O programa Coñecer as cidades patrimonio pretende que os/as alumnos/as de educación secundaria obrigatoria que viven e estudan en cidades patrimonio da humanidade aprendan a coñecer e valorar non só a súa cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título, a través de traballos realizados nas aulas por grupos de alumnos/as, dirixidos polos seus profesores/as, sobre temas previamente determinados.

Documentos relacionados



Compartir: