NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comeza a rodar o Conto Viaxeiro 2015

08/03/2015 Logo de pechado o prazo para a inscrición dos centros de ensino interesados, o vindeiro martes 10 de marzo comeza a andaina o Conto viaxeiro 2015, iniciativa organizada pola Concellería de Normalización Lingüística.

O obxectivo deste programa, dirixido a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria, é achegar os nenos e nenas á lingua galega e ofrecerlles argumentos positivos para o seu uso a través da participación na construción do Conto viaxeiro. As quince sesións desta actividade previstas para a elaboración do conto distribuíronse entre os oito centros que enviaron a súa solicitude dentro do prazo, atendendo ás súas preferencias horarias e de calendario.

De cada unha destas sesións irase dando conta no blog do proxecto, onde tamén se poderán ir vendo todas as ilustracións que deseñen os nenos e nenas participantes e, unha vez rematada a viaxe, o texto completo que creen e unha versión contada en vídeo. Nesa mesma bitácora poden consultarse en calquera momento os contos elaborados nas dúas edicións anteriores.

Unha vez editado, aproximadamente no mes de xuño, está previsto entregar a cada centro os exemplares do conto impreso en papel para que fique nas súas bibliotecas e tamén para que cada un dos/as autores/as teña o seu exemplar.

O calendario da ruta quedou como segue:

Marzo
Martes 10, CEIP López Ferreiro
Venres 13, CEIP Apóstolo Santiago
Martes 17: CEIP López Ferreiro
Xoves 19: CEIP de Roxos
Martes 24: Colexio Compañía de María
Venres 27: CEIP de Roxos

Abril
Martes 7: Colexio San Jorge
Venres 10: Colexio San Jorge
Martes 14: Colexio San Paio-Enma
Venres 17: CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
Martes 21: Colexio Compañía de María
Venres 24: CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
Martes 28: Colexio A Inmaculada
Xoves 30: Colexio San Paio-Enma

Maio
Martes 5: CEIP Apóstolo Santiago

Compartir: