OBRAS E MOBILIDADE

Os traballos de mellora do firme continuarán por Fontiñas, Choupana e Castrón Douro

07/03/2015 O Concello continúa os labores de asfaltado dos vieiros da cidade aproveitando o bo tempo que se espera para os vindeiros días. Unha vez rematadas as obras en Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro, as seguintes rúas en ver renovado o seu firme serán Patio de Madres-Castrón Douro, a rúa Lisboa e a Choupana. Cómpre lembrar que os traballos afectarán ao tráfico de forma transitoria e realizaranse en horario diúrno porque as baixas temperaturas que se prevén alcanzar pola noite non permitirían que o firme solidificase ben.

A rúa Lisboa asfaltarse o luns 9. Neste caso sempre haberá un carril en funcionamento durante o tempo que duren os traballos. Non se permitirá estacionar. Tamén o luns se procederá ao rebacheo de Patrio de Madres-Castrón Douro, obras que non obrigarán a cortar o tráfico.

O martes día 10 realizarase a mellora do firme na Choupana, pero permitindo sempre o paso alternativo de vehículos. As obras afectarán ao tramo que vai desde a rotonda do Hotel Peregrino ata a rotonda de Volta do Castro.

Transporte urbano
As liñas que pasan polas devanditas rúas non sufrirán alteracións no percorrido xa que as obras permitirán o paso alternativo ao transporte público, aínda que serán probables os retrasos debido ao tráfico lento. As paradas e traxectos afectados polos cortes en Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro volven á normalidade,

Compartir: