EDUCACIÓN

Concerto da Banda e do Conxunto de Música Tradicional da Escola Municipal de Música

06/03/2015 Este domingo 8 de marzo, ás 13:00 horas, na praza do Toural, terá lugar a primeira entrega do Ciclo de Concertos das Agrupacións Instrumentais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, Música na Cidade. Neste concerto, enmarcado nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, participarán a Banda (integrada por máis de 35 alumnos/as) e o Conxunto de Música Tradicional (formado por 15 músicos).

A Escola Municipal de Música de Santiago (EMM), propón dentro da súa nova programación para os vindeiros meses, un ciclo de concertos das agrupacións instrumentais que, baixo o título xenérico de Música na Cidade, ten como marco escénico numerosos espazos emblemáticos da cidade.

Este concerto da praza do Toural abre o calendario de concertos, co seguinte programa:

Conxunto de Música Tradicional da EMM. Director: Pablo Pascual

Vals dos Teixughos (Tradicional. Repertorio Os Teixughos de Ponteareas)

Fox Trot (Tradicional. Repertorio Xorxe de Cedeira)

Os Trintas (R. Courtier/P. Pascual)

Banda de Música da EMM. Director: Óscar Fernández

The Tempest (R.W. Smith)

Largo&Finale "From the New World "Symphony" (A. Dvorák). Arranxo de John O´Reilly

Air For Winds (A. Waignein)

Caracol Mi-Fa-Sol (F. Ferrán)

African "Symphony" (Van Mccoy) Arranxo de Naohiro Iwai

Unchained Melody (Alex North)

Excalibur (J.Swearingen)

Compartir: