TURISMO

Santiago acolle este martes a xornada "Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo"

21/02/2015 O Hostal dos Reis Católicos acollerá o próximo martes 24 de febreiro a xornada Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo, que impartirá Fernando Gallardo. Fernando Gallardo é xornalista, escritor, analista de tendencias e novos conceptos no turismo, ademais de ser o crítico de hoteis do xornal El País dende 1987.

No seminario analizaranse e darase respostas as seguintes cuestións: ¿Que é a xeración Millennium? ¿Por que está xeración está cambiando a estructura dos negocios turísticos? ¿Cales son os seus hábitos turísticos? Tamén se repasarán os principios elementais da economía colaborativa e as súas aplicacións máis populares. Reflexionarase sobre como impacta a economía colaborativa na industria hoteleira e estudiaranse as novas formas de aloxamentos turísticos e o hotel do futuro.

A través dunha ronda organizada de networking B2B e mediante a presentación de novos produtos e innovacións, estableceranse as bases de colaboración e sinerxias entre operadores do sector turístico. O seminario finalizará cunha mesa de debate sobre tendencias hoteleiras en 2015.

O seminario está dirixido a empresarios turísticos, hoteleiros, restauradores, axentes de viaxes, informadores e, en xeral, a todos os profesionais relacionados co sector turístico. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse aquí.

Compartir: