FESTAS

A queima do Meco puxo fin ao Entroido

18/02/2015 A programación do Entroido concluíu co acompañamento do Meco dende a praza do Toural ata a praza Roxa, onde o boneco foi queimado.

O Meco saíu do Toural para seguir pola rúa Nova, rúa do Vilar, rúa da Senra, rúa do Doutor Teixeiro e rúa da República do Salvador. A comparsa A Ruliña de Laraño participou neste desfile, ao que un bo número de persoas acudiron de rigoroso loito.

A Banda Municipal de Música acompañou musicalmente o Meco nos seus últimos momentos, antes de arder na praza Roxa. A animación do evento púxoa Ni Fu Ni Fa.

Compartir: