CENTROS SOCIOCULTURAIS
Todos aqueles que desexen participar na visita, poden inscribirse a través do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo; teléfono 981 543 001).
Visita guiada a Sogama no marco da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"
13/02/2015 O Concello de Santiago participa na terceira campaña educativa Separemos ben, reciclaremos mellor, promovida pola Conselleria de Medio ambiente e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembes, Ecovidrio e dos sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP). A pretensión da campaña e o incremento das taxas de reciclado en Galicia e a formación da veciñanza na xestión dos refugallos urbanos.
O próximo 27 de febreiro desenvolverase unha visita guiada ao complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, onde os interesados terán a oportunidade de coñecer a súa actividade da man de técnicos e monitores especializados, os cales lles ofrecerán as oportunas explicacións, acompañándoos no percorrido guiado polas distintas instalacións que conforman esta infraestrutura industrial. A visita, de dúas horas, é de balde. A saída está prevista cara as 17:30 horas.Todos aqueles que desexen participar na visita, poden inscribirse a través do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo; teléfono 981 543 001).