ALCALDÍA

Reunión de Agustín Hernández co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva

13/02/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na súa primeira visita institucional ao Concello dende o seu nomeamento. Tamén participou na reunión o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.

Na xuntanza, Agustín Hernández e Santiago Villanueva, reiteraron a vontade de colaboración entre o Concello e a Delegación do Goberno e conversaron sobre as diversas obras do Estado pendentes na cidade, como a ampliación de carrís da AP-9 ao seu paso por Santiago, a duplicación do acceso ao polígono do Tambre ou a EDAR.

Compartir: