CENTROS SOCIOCULTURAIS

Apertura da inscrición na viaxe a Taramundi, primeira de "Imos de excursión 2015"

13/02/2015 A primeira das excursións programadas dentro da campaña Imos de excursión abrirá o prazo de inscrición presencial nos centros socioculturais o martes 17 de febreiro ás 17:00 horas.

A excursión A Raia de Asturias: Taramundi realizarase o domingo 8 de marzo, cun programa que inclúe as visitas ao conxunto etnográfico da aldea de Teixois, á fragua dun artesán das famosas navallas de Taramundi e á propia localidade de Taramundi, onde os participantes gozarán tamén dun xantar típico concertado.

A excursión ten un prezo de 25 euros, que inclúen o bus, o seguro, o xantar, o guía e as entradas.

O programa de excursións e viaxes promovido dende os Centros Socioculturais contempla para este ano un total de oito excursións dun día e oito viaxes de varios días.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: