XUNTA DE GOBERNO

Apertura en marzo da admisión nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

12/02/2015 A Xunta de Goberno Municipal aprobou a apertura dos prazos de admisión e de matrícula nas escolas infantís de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.

Nestas escolas infantís, que atenden nenos de entre e meses a 3 anos, o prazo para reserva de praza e traslado do alumnado actual estará aberto entre os días 2 e 11 de marzo (ambos inclusive). Para novo ingreso, o prazo é do 17 de marzo ao 17 de abril.

A lista provisional darase a coñecer entre o 4 e o 11 de maio e a definitiva entre o 25 de maio e 1 de xuño e, ao día seguinte (2 de xuño), comezará o prazo de matrícula que se estenderá ata o 18 de xuño.

Para optar á praza é imprescindible que o neno ou nena solicitante estea empadroado no Concello de Santiago.

Compartir: