ALCALDÍA

Reunión de Agustín Hernández co novo cónsul de Romanía, Marian Popescu

11/02/2015 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o cónsul de Romanía para o Norte do España, Marian Popescu.

O diplomático, nomeado a finais de 2014, quixo así fixar as bases dun novo período de colaboración entre o Concello e esta cincunscrición consular, con sede en Bilbao, que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Cantabria e Asturias.

Compartir: