CULTURA

María Castellanos, seleccionada para expoñer en La New Fair, en Madrid

06/02/2015 María Castellanos acaba de clausurar a intervención Lo real na Zona C (Bonaval, 1) como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013, coa instalación interactiva Imaxe virtual. Esta peza, que indagaba sobre a percepción, foi seleccionada para ser exposta en La New Fair entre máis de 450 dossieres dos que se seleccionaron 25 artistas e onde se amosa a arte máis emerxente e actual. La New Fair celébrase os días 26 e 27 de febreiro en La New Gallery, en Madrid.

María Castellanos Vicente é artista e investigadora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente está a realizar a súa tese La piel biónica. Membranas tecnológicas como interfaces corporales en la práctica artística. No seu traballo investiga liñas como a percepción, a relación entre o tecido epitelial e o téxtil ou as carencias sensoriais humanas e como suplilas mediante ferramentas tecnolóxicas.

A súa obra foi seleccionada en numerosos certames e obtivo diferentes galardóns entre os que destacan o 2º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, o premio Tentaciones 2011 - Feira Estampa, Madrid, Premio Astragal 2013 ou o premio Artista Revelación do Principado de Asturias en 2008. Participou nun gran número de exposicións, nacionais e internacionais, estando presente en países como Portugal, Arxentina, Colombia, Australia e Xapón. Entre as mostras máis recentes encóntranse Eidos da Imaxe no museo MARCO de Vigo, Geo Políticas en LABoral Centro de Arte de Gijón e Corpo-Realidad en CS-LAB da Zokei Unicersity Tokyo.

Direccións relacionadas



Compartir: