PISTA DE XEO
Ademais, existen modalidades de desconto, coa posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita rebaixas en función do número de veces que se pase pola pista; un prezo familiar para un mínimo de 3 entradas e un bono especial para evitar colas, sen límite de tempo, por 30 euros, válido para 4 entradas.
Dúas novas xornadas de portas abertas na pista de xeo os días 4 e 9 de febreiro
02/02/2015 O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta de novo os días 4 e 9 de febreiro, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O recinto instalado no parque central da Alameda continuará aberto ata o 15 de febreiro.
Fóra destes destas xornadas de balde, a entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custa 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custa 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Hai un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros.Ademais, existen modalidades de desconto, coa posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita rebaixas en función do número de veces que se pase pola pista; un prezo familiar para un mínimo de 3 entradas e un bono especial para evitar colas, sen límite de tempo, por 30 euros, válido para 4 entradas.