CULTURA

Sábado e domingo, últimos días para ver "Lo real", de María Castellanos, na Zona C

30/01/2015 A intervención Lo real, que podemos ver actualmente na Zona C, pecha este domingo 1 de febreiro. Está aberta ao público de 16:30 a 20:30 horas. María Castellanos propón a intervención Lo real, especificamente pensada para a Zona C, como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013.

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985) investiga acerca da percepción e as carencias sensoriais humanas, máis en concreto acerca da visión do ollo humano en contraposición ao ollo mecanizado, ao monitor e á cámara de vídeo. Indaga acerca da percepción. Para iso utiliza luz infravermella. A luz infravermella é imperceptible para o ollo humano, con todo, pódese ver a través da cámara de vídeo.

Formalmente, Lo real é dunha instalación na que nos atopamos unha parede chea de espellos aparentemente normais. Con todo, ao ver os espellos a través do monitor, situado no centro da sala, atopámonos con que unha cita escrita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido".

A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar. A incongruencia entre a imaxe "real" e a "reproducida" no monitor fai pensar ao espectador que está a ser enganado, isto é posible grazas a que na instalación utilízase luz infravermella. A luz infravermella non é visible para o ollo humano, pero podémola ver a través dunha cámara de vídeo. Entón preguntámonos Que é o real?

A investigación acerca dos infravermellos e a percepción humana é unha vía de traballo aberta na práctica artística de María Castellanos e nela continúa traballando actualmente. Recentemente realizou traballos como Corpo-Realidade, un proxecto producido grazas ao Premio Astragal 2012 e para a que a artista elabora dous traxes de percepción co fin de realizar unha acción monotorizada na que a visión real do espectador non coincida coa visión en tempo real do monitor. O monitor transmitía as imaxes que captaban unhas cámaras de vídeo sensibles á luz infravermella.

María Castellanos Vicente é artista e investigadora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente está a realizar a súa tese La piel biónica. Membranas tecnológicas como interfaces corporales en la práctica artística. No seu traballo investiga liñas como a percepción, a relación entre o tecido epitelial e o téxtil ou as carencias sensoriais humanas e como suplilas mediante ferramentas tecnolóxicas. A súa obra foi seleccionada en numerosos certames e obtivo diferentes galardóns entre os que destacan o 2º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, o premio Tentaciones 2011 - Feira Estampa, Madrid, Premio Astragal 2013 ou o premio Artista Revelación do Principado de Asturias en 2008.

Participou nun gran número de exposicións, nacionais e internacionais, estando presente en países como Portugal, Arxentina, Colombia, Australia e Xapón. Entre as mostras máis recentes encóntranse Eidos da Imaxe no museo MARCO de Vigo, Geo Políticas en LABoral Centro de Arte de Gijón e Corpo-Realidad no CS-LAB da Zokei Unicersity Tokyo.

Direccións relacionadas



Compartir: