COMERCIO

O alcalde participou no sorteo dun coche entre os compradores da campaña de Nadal nos comercios da zona monumental

14/01/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Comercio, Reyes Leis, participaron no tradicional sorteo do coche da campaña de Nadal da asociación comercial Compostela Monumental. O acto celebrouse no Hostal dos Reis Católicos.

Os consumidores que fixeron as súas compras de Nadal nos comercios asociados a Compostela Monumental puideron participar neste sorteo. Tamén se repartiron televisores e outros agasallos.

Compartir: