ALCALDÍA

Repaso en imaxes ao 2014

08/01/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou en Fonseca na inauguración da exposición "Compostela, un ano de Voz 2014", que recolla as instantáneas máis significativas do ano pasado feitas polos fotoxornalistas de La Voz de Galicia en Santiago.

A exposición recolle 58 imaxes realizadas ao longo de 2014 polos fotoxornalistas Xoán Soler, Sandra Alonso, Álvaro Ballesteros e Merce Ares. A mostra pode visitarse no Salón Artesoado do Pazo de Fonseca ata o 31 de xaneiro.

Compartir: