CULTURA

A obra ‘Selección natural’ abre a temporada do bono de Teatro Galego e Portugúes

05/01/2015 As funcións serán o mércores 7 e o xoves 8 de xaneiro ás 20.30h no Teatro Principal a 10 euros. O bono, que se pode mercar no Principal e no Salón Teatro, permitirá asistir a 5 funcións a escoller por un prezo de 35 euros.

A obra ‘Selección Natural’ de Lola Correa e posta en escena por Teatro do Noroeste e Tranvía Teatro abre unha nova edición da programación de Teatro Galego (e Portugués) do ano 2015 que organizan o concello de Santiago en Agadic.

Luma Gómez e Cristina Yáñez dan vida a Lina e Rut que son dúas irmáns que tomaron camiños moi diversos. Odiáronse sempre e buscaron o xeito de desfacerse a unha da outra. Pero a vida ou máis ben a necesidade, volve xuntalas. A unha, cómplice das corruptelas do seu home, busca refuxio na casa da outra… con escuros e teimados intereses.

A partir dese momento, desátase unha trama de intriga, persecucións, maletíns e bolsas de cartos, mafiosos personaxes e cadáveres que a acción irá deixando debaixo dos sofás ou agochados nos armarios, nunha sorte de atolado e disparatado viaxe onde as nosas protagonistas intentarán sobrevivir co seus propios medios por "selección natural". Conseguirán estas dúas mulleres o seu propósito ou serán devoradas na inmensa selva da corrupción e os intereses políticos?

Selección Natural é una comedia disparatada e trepidante, dirixida por Eduardo Alonso, é un divertido enredo, un delirante espello deformado que ri, con distancia crítica e profiláctica, da nosa realidade máis inmediata.

As entradas están a venda no despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

entradas.abanca.com / 902 434 443

Compartir: