COMERCIO

Rogelio Pérez, a parroquia de San Cristovo do Eixo e La Reina de Saba gañan os concursos de Beléns e de Ambientación de Nadal

24/12/2014 Xa se coñecen os gañadores do Concurso de Beléns e do de Ambientación de Nadal que este ano celebra a súa terceira edición. Os premiadaos recibirán o seu agasallo o vindeiro luns no Pazo de Raxoi.

Na primeira modalidade (Beléns), trátase de Rogelio Pérez, na categoría individual, e a parroquia de San Cristovo do Eixo en colectivos. No concurso de ambientación sección comercio, La Reina de Saba foi o gañador.

Os vencedores recibirán os seus galardóns nun acto que se celebrará o vindeiro luns, día 29, en Raxoi e que estará presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández.

O Concurso de Beléns contaba con dúas categorías: individual e colectiva. Na individual, á que se podía presentar calquera persoa física inscrita no padrón municipal, o gañador foi Rogelio Pérez Sandá, de Mallou.

Mentres, na categoría colectiva no que podían participar os colexios e todo tipo de asociacións, institucións e entidades cidadáns, gañou o belén da parroquia de San Cristovo do Eixo.

Ambientación
No concurso de Ambientación de Nadal, un ano máis o comercio gañador foi La Reina de Saba (Algalia de Arriba, 3) con 407 votos.

Compartir: