ALCALDÍA
Os cambios son os seguintes:
Maite Cancelo pasará a xestionar as competencias de Educación e Xuventude. Non terá dedicación exclusiva nin parcial, pero "estou seguro de que poderá facer compatible estas responsabilidades coa súa dedicación ao ensino na Universidade. Agradézolle o esforzo persoal que sen dúbida vai realizar".
A área de Normalización Lingüística pasará á concellería de Cultura, xestionada por María Antón, posto que "temos identificado que boa parte das cuestións que se levan a cabo en materia de promoción da lingua están moi vinculadas á gran dimensión cultural que ten a cidade de Santiago".
A área que xestiona María Corral queda, polo tanto, coas competencias de Servizos Sociais e Deportes.
En palabras do alcalde, agardo que estes pequenos cambios redunden, como dixen, nun mellor servizo aos cidadáns.
Neste mesmo pleno tomouse coñecemento da renuncia da concelleira Mercedes Rosón. Agustín Hernández agradeceulle a dedicación e o traballo polo veciños da cidade no tempo que formou parte da corporación municipal.
Maite Cancelo toma posesión como concelleira da Corporación
19/12/2014 No pleno extraordinario celebrado esta mañá, tomou posesión a nova concelleira da Corporación, que se incorpora ao grupo de goberno, Maite Cancelo. Con esta incorporacións realízanse uns pequenos axustes nas áreas de goberno que deu a coñecer o alcalde.
Segundo sinalou o alcalde posteriormente en rolda de prensa, "esta incorporación vainos permitir facer algúns pequenos axustes no goberno que nos permitirá mellorar en eficacia na xestión, posto que repartiremos mellor a carga de traballo.Os cambios son os seguintes: