CENTROS SOCIOCULTURAIS

O centro sociocultural do Ensanche acolle este sábado un torneo de futbolín

18/12/2014 A Concellería de Xuventude e a UMAD levará a cabo este sábado, 20 de decembro un torneo de futbolín no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche.

Esta actividade conta cun notable número de seguidores na cidade, que poderán participar no campionato facendo unha inscrición previa na páxina web: http://www.compostelafutbolin.com/. No torneo tamén poden participar persoas doutras localidades.

O Campionato comezará ás 12:00 h. Na xornada de mañá trataranse de desenvolver varias ligas (dependendo do número final de parellas inscritas) para tratar de organizar en dúas categorías as parellas según o nivel que demostren. Ao remate das ligas, farase un sorteo dos cadrantes para disputar as diferentes fases eliminatorias, ata o encontro final. Todo o campionato se disputará de maneira initerrumpida ata as 21:00 h. aproximadamente.

Na xornada do venres, a partir das 19:00 h. terá lugar unha exhibición no propio Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, que contará con dúas parellas de máximo nivel nacional que mostrarán diferentes xogadas e estilos de futbolín.

Compartir: