CENTROS SOCIOCULTURAIS

O grupo Os Caníbales leva a Vite o seu show dos 80

17/12/2014 A Concellería de Centros Socioculturais ten organizada para este xoves 18 de decembro ás 19.30h a actuación do grupo musical Os Caníbales, co título "unha re-volta aos anos 80". Será no CSC de Vite.

O concerto terá unha duración de hora e media e a entrada é gratuíta ata completar a capacidade do salón de actos do Csc de Vite. A actividade está organizada co apoio da Deputación Provincial da Coruña, dentro das actuacións do programa Rede Cultural da Deputación.

A movida dos anos 80 será a temática a versionar por esta composición veterana coruñesa; Siniestro Total, Golpes Bajos, Aerolíneas Federales e un largo etcétera de éxitos que xa quedarán para a historia do rock.

A actuación completará unha tarde festiva no Csc de Vite onde os mais cativos tamén recibirán a visita do paxe Real para recoller as cartas aos Reis Magos ás 19h.

Compartir: