XUNTA DE GOBERNO

O Goberno aforrará 1,4 millóns en pagamentos de xuros coa refinanciación do préstamo ICO

16/12/2014 A Xunta de Goberno de hoxe, en sesión extraordinaria, vén de aprobar a refinanciación do préstamo ICO que permitirá aforrar 1,4 millóns de euros en pagamentos de xuros nos vindeiros anos da vida do préstamo (en total 8 ata 2022), grazas ao cumprimento do control do déficit e do período de pago a proveedores. O aforro desta ano é de máis de 343.000 euros.

A operación concertouse a través do ICO con diversas entidades financeiras, e naquel momento supuxo ter que aceptar uns xuros moi elevados, de en total 5,5%, que en xuño deste ano se pudo rebaixar ao 4,05%. Agora do 4,05% pasamos ao 1,06%, nunha operación financeira que supón unha rebaixa de máis de tres puntos na carga fiscal.

Isto, xunto ao aforro no pagamento de xuros de preto de 82.000 euros da amortización anticipada da débeda, permitirá que no orzamento de 2015 se reduza a carga financeira nun 40% no pagamento de amortizacións e xuros, o que posibilitará implementar novas políticas como a renda social.

Esta refinanciación, unida á amortización anticipada da débeda por importe de 4.008.505,85 euros, sitúa a débeda do Concello en mínimos históricos, exactamente dos 65 millóns de 2011 aos 41 en 2015. Asemade supón unha rebaixa desta en 25 millóns, que por habitante se sitúa en máis de 250 euros (estaba en 676,18 euros/habitante en 2011 e quedarán en 432,25 a 31 de decembro de 2015).

O Goberno concertara en 2012 este préstamo ICO para pagar a débeda cos proveedores que había cando o Partido Popular acedeu á alcaldía en 2011. Concretamente nesa data estaban pendentes 14,3 millóns de euros do exercizo de 2011, xunto a outros 3,8 millóns de exercizos pechados, que en total situaban a débeda herdada en 18,1 millóns de euros.

Como consecuencia desa elevada débeda, o goberno municipal, a través dun Real decreto de febreiro de 2012 polo que se obrigaba aos concellos a liquidar as súas débedas cos proveedores mediante a necesaria concertación de operacións de préstamo, endebedouse pola contía que a marzo de 2012 se debía aínda aos proveedores de 12,7 millóns de euros.

Lembramos tamén que como consecuencia desta obriga legal, o concello tivo que realizar tamén un Plan de Axuste para garantir a devolución do préstamos e a sostibilidade do mesmo, que foi aprobado polo Ministerio de Facenda.

Convenio coa Deputación da Coruña
A xunta de goberno extraordinaria de hoxe aprobou tamén o convenio coa Deputación da Coruña para o financiamento das obras de Reforma do campo de fútbol de Conxo.

Compartir: