MOVILIDADE

Cortes de tráfico en horario nocturno na SC-20 Avda. Antón Fraguas e Túnel do Hórreo os días 16,17, 18 e 19 de decembro

14/12/2014 Con motivo da realización dos estudos previos necesarios para a execución das obras do túnel de Conxo será necesario levar a cabo cortes de tráfico entre os días 16 e 19 de decembro. Estas restricións serán en horario nocturno co obxectivo de causar a menor afección posible á circulación.

Os estudos consisten sobre todo na realización de catas e medicións sobre o terreo, e son imprescindibles para as obras do túnel de Conxo, que comezarán a partires do 12 de xaneiro. En breves días o Concello de Santiago dará a coñecer o seu plan para garantir a mobilidade cidadá no período de execución das obras.

En relación cos cortes nocturnos dos vindeiros días, o Concello de Santiago informa dos seguintes aspectos:

1. Corte: SC-20 Avda. Antón Fraguas e Túnel do Hórreo, dende o P.Q.. 5+940 ao 8+760 (sentido Pontevedra) e do P.Q. 8+780 ao 6+920 (sentido A Coruña)

Procederase a realizar un corte total do tráfico entre as 00:00 h e as 06:00 h dos días 16, 17, 18 e 19 de decembro na estrada SC-20 en toda a Av. de Antón Fraguas e o Túnel do Hórreo en ambos sentidos de circulación. En sentido Pontevedra, entre o inicio do Túnel do Hórreo na Av. de Lugo e o enlace de Volta do Castro na Ponte da Rocha. En sentido A Coruña entre o enlace de Volta do Castro na Ponte da ¨Rocha e o enlace coa SC-11.

2. Desvíos de tráfico: Para o eixe Santiago Norte-Sur-Hospital Clínico/Noia/Pontevedra por rúa do Hórreo, avda. Romero Donallo e avda. Rosalía de Castro (ambos sentidos).

Para o eixe Santiago Norte-Ourense por Clara Campoamor, e Restollal.
Os vehículos procedentes de Ourense cara o Norte (A Coruña) poderán empregar á SC11 e a súa conexión coa SC-20

Non se poderá acceder á rotonda de Conxo: a zona residencial de Pontepereda e Hospital Provincial utilizarán o acceso pola rúa do Penedo. A zona residencial da rúa Torrente e Hospital Psiquiátrico de Conxo empregarán a rotonda de Volta do Castro.

Para a circunvalación a Santiago de Compostela, deberá empregarse a AP-9.

Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega desculpas polas molestias que estas alteracións no tráfico poidan ocasionar, e lembra que as obras do túnel de Conxo non comezarán ata o día 12 de xaneiro.



Compartir: