COMERCIO

Arranca o Mercado do Nadal, que permanecerá na Praza da Quintana ata o 5 de xaneiro

12/12/2014 Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014. Hoxe arranca o Mercado do Nadal na Praza da Quintana, que estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro e no que están habilitados 15 postos nos que rotarán un total de 65 comerciantes representativos dos produtos relacionados coas festas navideñas.

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inauguraron este mercado no que, ao longo das 25 xornadas previstas irán alternándose as diferentes propostas relacionados cos adornos navideños e a ambientación das casas, regalos e a alimentación.

Precisamente a Gastronomía centrará unha das actividades promocionadas polo concello, cun stand destinado a Compostela Gastronómica no que haberá propostas todos os días do Mercado, e nas que participarán os hosteleiros da cidade.

Ademais haberá moitas actividades paralelas pensadas para nenos e maiores, como o carrusel central da praza, actuacións musicais, obradoiros creativos, e ludoteca...

O horario será de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres, e sen pausa ao mediodía as fins de semana. Os días festivos, xoves 25 de decembro e xoves 1 de xaneiro, o Mercado da Quintana permanecerá aberto de 18:00 a 21:00 horas, mentres que os días de Noiteboa, Fin de Ano e Reis, fará horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas -os día 24 e 31- pechando ás 21:00 horas o 5 de xaneiro.

Os venres, sábados e domingos o Mercado da Quintana contará arredor das 19:30h con concertos de bandas galegas de distintos xéneros musicais como Trampoline, MadMartin Trío, etc., obradoiros creativos de temática navideña aptos para todas as idades de 18:00 a 19:00 horas, e un servizo de gardería-ludoteca activo de 11:00 a 14:00 horas.

Os espazos que compoñen o Mercado do Nadal son os seguintes:

Zona de restauración:
Barra con chocolate quente, cervexas, refrescos, augas, zumes, mosto e sidra.
Zona relax para sentar e degustar os produtos do Mercado.
Caseta Compostela Gastronómica con presenza de restaurantes da cidade como Quercus, Altamira, Ou celme do caracol, Carafio, Mesón a charca etc.
Carriños "de feira" con flocos de millo e algodón de azucre.

Postos de alimentación: con produtos como marrón glacé, cervexas artesás, licores, doces artesáns, queixos, embutidos de caza, etc.

Postos de produtos do Nadal artesanais de distintas marcas, produtores, comerciantes e artesáns chegados desde diversos puntos de Galicia (decoración do Nadal, papelería e postais, cerámica, cerería, abetos do Nadal, arranxos florais, xabóns, Beléns, complementos).

Actuacións musicais: 13 en total de todo tipo de xéneros e de bandas chegadas desde diferentes puntos de Galicia (blues, pop, folk, soul, folk-pop, rock clásico, etc.).

Servizo gardaría-ludoteca gratuíto: todos os venres, sábados e domingos de 11h. a 14h. e tamén os días 24 de decembro e 5 de xaneiro no mesmo horario de mañá.

Obradoiros creativos, Carrusel e Escenario Photocall: para os concertos e para que o resto do tempo a xente poida subir e sacarse unha foto de recordo.

Compartir: