ALCALDÍA

Agustín Hernández considera unha boa noticia para a cidade a aposta de Vueling polo aeroporto de Lavacolla

11/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cualificou de "boa noticia" a decisión da compañía Vueling de incrementar a sua aposta por Santiago de Compostela e reforzar en especial as conexións internacionais.

En concreto, Vueling comprometeuse a incorporar as conexións cos aeroportos de Munich, Dusseldorf e Berlín (Alemania é un destino preferencial para Santiago), e a continuar coas rutas xa consolidadas: Roma, Bruxelas, Ámsterdam, París e Zurich.

Polo tanto, pasa de cinco conexións internacionais a oito, o que supón un salto cualitativo importante. "Este ano temos superado por primeira vez os 400.000 pasaxeiros internacionais e esta aposta de Vueling vai consolidar este logro", dixo.

O alcalde considerou esta notivia como "algo moi positivo, que vai na liña da estratexia de AENA para os aeroportos galegos, que pasa por reforzar a dimensión internacional do aeroporto de Lavacolla, sen olvidar tampouco as nacionais".

Agustín Hernández aproveitou tamén para valorar os datos do mes de novembro difundidos hoxe por AENA. O aeroporto de Santiago rexistrou máis de 139.900 pasaxeiros, un 3,6% máis que o pasado ano.

Compartir: