PATRIMONIO

Nova guía de boas prácticas de accesibilidade para as Cidades Patrimonio de España

11/12/2014 Presentada a Guía de Buenas Prácticas de accesibilidad para los recursos turísticos de las Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, elaborada pola Plataforma Repre¬sentativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) por encargo do GCPHE.

Co obxectivo común de garantir a igualdade real de oportunidades e o uso e goce do patrimonio cultural para todas as persoas, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, a través da súa Comisión de Patrimonio e Cidade e coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e PREDIF realizaron distintas actuacións conxuntas en materia de accesibilidade no ámbito turístico e patrimonial, entre as que destacan en 2010 a Guía de Rutas Accesibles das Cidades Patrimonio da Humanidade, con información sobre dez monumentos e unha ruta accesible de cada unha das cidades, e os Cursos de formación sobre turismo accesible e atención ao público con minusvalidez e outras necesidades diversas, organizados en 2014 nas cidades que forman a rede co obxectivo de perfeccionar a atención ofrecida ás persoas con minusvalidez nos establecementos e destinos turísticos, así como ofrecer ferramentas para auto-diagnosticar a accesibilidade dos mesmos.

A Guía de Buenas Prácticas de Accesibilidadd para los recursos turísticos de las Ciudades Patrimonio de España é o novo proxecto xurdido desta frutífera relación entre o Grupo e PREDIF. É un documento dirixido fundamentalmente ás 15 cidades que integran a rede e pretende dar a coñecer estes lugares como "destinos accesibles", así como recomendar aos profesionais do sector a forma de "adaptar a súa oferta ás necesidades específicas do público con algún tipo de minusvalidez".

Os dous anexos da guía inclúen unha ficha básica de diagnostico de accesibilidade e a lexislación nesta materia que é de obrigado cumprimento nas Cidades Patrimonio da Humanidade.

A guía distribuirase en versión dixital entre as Concellarías de Patrimonio e de Turismo das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade para o seu envío ás distintas asociacións empresariais e colectivos do sector turístico, institucións xestoras do Patrimonio Cultural, e subirase ás páxinas web das dúas entidades promotoras: PREDIF e Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Compartir: